O Concello traslada a Oficina de Turismo
Posted by admin en 13 Septiembre, 2008
O pasado día 5 de abril, o Concello de Ferrol fechou a Oficina de Turismo sita en Porta Nova, ao final da travesía de As Pías, quedando así un único punto de información turística emprazado no Porto.
Posteriormente, os responsábeis municipais expresaron a súa intención de acondicionar un local no propio centro, concretamente no número 56 na rúa Magdalena para así evitar que o punto de información do Peirao de Curuxeiras se vira desbordado.
Actualmente, aínda que foron inauguradas con leves retrasos neste mesmo verán, xa están funcionando as dependencias do núcleo urbano.
Todo este proceso desenrolouse dunha forma que puxo de manifesto a ineptitude gobernamental e sacou á luz a incapacidade da corporación actual para dirixir os diferentes departamentos que a compoñen.
Xa se viu recentemente como o bipartito PSOE-IU cumpriu as súas “promesas” a modo de estandarte electoral (Praza de España, Canido, Menáncaro, Sartaña, Recimil, etc.) a calquera prezo e co único obxectivo de paralizar os proxectos actuais sen definir uns novos (política de pasividade).
O Concello ven adxudicando xa dende fai anos a entidades privadas a xestión das Oficinas Municipais de Turismo. O propio concesionario das Oficinas de Turismo, Luis Guntiñas, mostrou a súa desconformidade cando anunciaron o feche das instalacións de Porta Nova e recoñeceu que Ferrol non podía ter unha única oficina turística.
Segundo datos do periódico “La Voz de Galicia”, Ferrol mantiña a mediados de abril deste ano unha débeda de 9 meses coa Oficina de Curuxeiras e antes de fechar a de Porta Nova, aínda se lle debía á empresa adxudicataria a metade de 2007.
Plantéxanse por tanto unha serie de dilemas á hora de avaliar as intencións do goberno municipal.
En primeiro lugar habería que preguntar polas intencións municipais de abrir unha oficina na zona do centro cando a meirande parte dos turistas concéntranse nos arredores. A Oficina de Porta Nova concretamente, estaba situada enfronte do Hotel Hesperia e ao rematar unha das entradas principais da cidade, a Avenida das Pías. A todo isto hai que engadir o pésimo servizo que brinda a Oficina de Curuxeiras, que nin sequera dispón de acceso a Internet.
Que levou por tanto ao Concello a fechar unha oficina cun emprazamento inmellorábel? O custo de manter as instalacións vixentes, similar ás que están en desuso, é de 24000 euros anuais. O simple acondicionamento do local do centro, custou 50000 euros. Por tanto, non poden alegar motivos económicos. Por se isto fora pouco, e debido á pésima regulación do tráfico na cidade, é unha ardua tarefa localizar esa oficina por parte das xentes que veñan de fóra. Precisamente unha das finalidades destes recintos é ofrecer mapas aos viaxeiros que aínda non dispoñan de navegación asistida. Na Coruña existe un posto móbil especificamente para iso.
Segundo datos obtidos recentemente de distintas fontes, o Concello planea fechar o vindeiro ano a oficina do Porto, emprazada ao final da AP-9 que actualmente é a principal entrada da cidade.
Lévanos a pensar por tanto, que algún integrante do bipartito, concretamente algún responsábel de Turismo, tiña algún tipo de predilección por inverter na zona do centro e adxudicar de forma fraudulenta a administración turística. Pola nosa parte, seguiremos investigando para tratar de esclarecer estes feitos que, no caso de non ser unha irregularidade, son un despropósito municipal.



Anónimo escribió
Ya se sabe que en estos casos hay muchos intereses políticos de por medio. Habría que ver a quién pertenecía el local de la calle Magdalena antes de que lo hubiera adquirido el ayuntamiento.
MrDanger escribió
Creo que esto es un pequeño ejemplo a nivel municipal de la política que siguió el PSOE a nivel estatal durante la legislatura en curso.
anonimo escribió
Pois si, señores e señoras, isto e o que temos en Ferrol. Non chegan os cartos para as festas, non chegan para pagar as debedas das antigas oficinas de turismo municipais pero en efecto chegan de sobra para por unha nova oficina de turismo no centro, o cal ten moito xeito, sí señor, cando o turista atopa a oficina xa coñece toda a cidade sen dúbida algunha e iso tendo en conta que a atope porque sinais eu non vin por ningures e inda sabendo onde esta emprazada a primeira vez que pasei por diante pensei que era unha nova tenda de deportes, nen i de informacion turistica ten. Moito dicir que se ian convocar prazas para os postos de turismo e coma sempre todo tivo que ser a dedo porque eu non me decatei que saira convocatoria ningunha e ahi hay xente traballando.
Por favor… menos mentiras e mais traballar.
Atentamente: unha cidada moi agradecida ó governo ferrolá
Disidente escribió
¿Pero también molesta una oficina nueva de turismo? ¡Es que la crítica non ten paraxe! Arre dios. Si haces porque haces, y si no haces porque no haces